Video-Presentación sobre os Accidentes Múltiples na AP-9
Publicamos un novo video en Youtube, en realidade é unha Presentación (de Keynote) sobre o acontecido o 2-12-2008 na Autoestrada do Atlántico. No video mostran-se imaxes dos coches accidentados e das vítimas e fai-se unha descripción do acontecido. O titulo de AS NAVALLADAS CONTINUAN… fai referencia ao famoso Documental de 1977 (“Autopista: unha navallada á nosa terra“) que descreve o proceso de embargo de Fincas e penosa construcción da Autoestrada AP-9 que se construiu cun DESPOTISMO nada ilustrado, despreciando aos habitantes das zonas afectadas, que quedaron perxidicados econímica e socialmente para o resto das suas vidas.
Moitos anos máis tarde somos os usuários/as da Autoestrada privatizada e en maos Norteamericanas os que sofremos as navalladas en forma de peaxes abusivas e nulas condicións de seguridade nunha via que artella a Galiza costeira con maior potencial económico. Os/as que viaxamos todos os dias pola AP-9 podemos comprender hoxe aos que tiveron que sair co posto da sua casa, para que construisen un negócio que pagamos todos os galegos/as várias veces e seguimos pagando, mesmo coa vida.
Link: AS NAVALLADAS CONTINUAN…(video sobre os Accidentes múltiples na AP-9 por neglixéncia de Audasa)


