afectados

Este Blog para que?

Posted on Decembro 15, 2008. Filed under: accidente múltiple, afectados, AP9, atlántico, autoestrada, autopista, Ordes |

Para denunciar a falta total de seguridade e mantemento da AP-9 xestionada por Autopistas del Atlántico (AUDASA). Para que todos os afectados/as teñan un lugar onde contar a sua história. No meu caso serverá para dar conta das accións legais e demais reclamacións contra AUDASA polo accidente do día 2 de decembro de 2008 na AP-9 (en Ordes) no que Luisa, a miña muller fracturou a coluna vertebral por culpa dun tramo de case 1 km de xeo onde era imposibel frear. (Ver video da Voz de Galicia)

Desde as 6 AM había coches accidentados. Ela entrou pasadas as 7:30 e os paneis luminosos non advertian de xeo nen do accidentes. AUDASA é culpábel por neglixencia do accidente que case lle costa a vida á miña muller e a outras moitas persoas.

Non temos afán nengún de protagonismo. Só que pagamos mensualmente a telepeaxe, (normalmente máis de 250 €) que usamos frecuentemente a Autoestrada AP-9 e creemos que é de recibo que se manteñan unhas mínimas condicións de seguridade, que hai xeo se bote sal ou se advirta, que se hai accidentes bloqueando a auto-estradas se corten as entradas inmediatamente. Queremos xustiza pero sobretodo que isto non volte suceder. Se ninguén fai nada voltara pasar e seredes outros os que esteades na nosa situación ou incluso peor. Con máis de 40 veículos colisionados foi unha sorte que non houvese mortos. Terá que haber mortos para que alguén faga que AUDASA manteña segura a Auto-estrada do Atlántico?.

Se estiveche implicado nun accidente múltiple na AP-9 no que cres que AUDASA non actuou correctamente, especialmente se tiveches a mala sorte de usar a AP-9 no tramo de Ordes o 2-12-08; podes poñer-te en contacto conosco no e-mail: migueledreira@wanadoo.es

Read Full Post | Make a Comment ( 1 so far )

Liked it here?
Why not try sites on the blogroll...